domingo, 16 de dezembro de 2007

O meu propósito

Gustaríame que este fose un blogue en imaxes, un blogue con apenas unha poucas palabras. Vou ir atopando imaxes e gustaríame que a xente que pase a visitarme deixase a sua opinión sobre o que cada unha lle suxire.
Este é un blogue que nace con ilusión. Dunha amante das imaxes e da fotografía. Esta é a miña primeira aportación a este maravilloso e máxico mundo no que me embarquei:


Bauchistán, Pakistán 1891
Steve McCurry

6 comentários:

busto.agolada disse...

Benvida a este marabilloso enredo dos blogs. Comezas cunha faciana impactante, as enrugas definen unha vida de soles e traballos.
Grazas pola ligazón. Corresponderei axiña contigo.
Saúdos desde Agolada, un lugar ben apartado e próximo.

Raposo disse...

Benvida a blogosfera. Nas enrugas da cara están reflexadas os avatares da vida e na seguridade da mirada a determinación de que aínda non está vencida.
Visitareite á miúdo. Apertas.

Lapis-vermello disse...

Que ben de que empezaras neste blog tan maribilloso. Moitos saúdos

Chousa da Alcandra disse...

Pois eu xúntome ó coro de benvidas, á vez que subliño as moitas conexións que nos unen a tódolos que andamos por esta tea de araña.

Concordo con Busto e co Raposo nos matices desta primeira foto que amosas. Engadireille un matiz que me suxeriu nada máis cargarse: Forza

Un saúdo dende a Chousa

A Conxurada disse...

Pois é un bo comezo, unha foto fantástica.

Unha aperta.

paideleo disse...

Enrugas levadas con nobreza.